logo paquebote
16 libros encontrados buscando autor: Xos Vazquez Pintor

www.paquebote.com > Xos Vazquez Pintor

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

84-7507-168-6

Mar de bronce

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 192
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Anxo Gorospe, o Ghalerna, decide comezar a escribir unha novela que recolla a memoria de Rilo do Mar, a vila que arrecende á fragrancia do salgado e o sabor do salitre. Arrastrando caxato e paraugas pola praia do Corvo, onde atracaban os bous, o vello Gorospe soña co navegar agora polo mar de fóra e saber do medo e da morte, a experiencia que só posúen os mariñeiros e que sempre lle negou o seu pai, don Abel Gorospe Massiá, o fundador da conserveira "A Fábrica", onde cincocentas mulleres penduraban cada día do guindastre do traballo. Sentado na pedra do collón do gato, o Ghalerna lembra aquelas primeiras razons da vida con Minia Santorun, aquela moza que amaba a cachón, unha e outra vez, oncensamte; Jennifer, a dinamarquesa, Carme, a primeira noiva da carreira ou con Fulxencia a fogueteira, que daba xeito e pracer nun tempo brevísimo. Nas súas pasetas e tertulias diante duns caroliños, Anxo Gorospe rememora cos seus amigos de xeración, como Albeitos ou Casiano, a memoria incesante dun mar concibido como veiga nutricia.Esta fermosa novela coral de Xosé Vázquez Pintor, escrita empregando un rexistro intencionadamente dialectal e construída como un mosaico de microhistorias, Mar de bronce recupera a épica dos traballos da ardora, das mareas do Gran Sole, das travesías a Capetón, dos naufraxios e da caza das baleas. Unha novela que vivifica a memoria dos mares de corpo e alma, de noite e alba, do mar da vida.



ISBN:

84-9782-191-2

Tal era vivir «Os vellos oficios III»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 168
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 16,64
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

“Tal era vivir” é a terceira e última entrega dos ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou n’ “Os vellos oficios” e continuou con “A tribo sabe”. O autor achégase á vida dos colmeiros que preparan o teitado das últimas pallozas do Cebreiro e dos canteiros ou pedreiros do Campo de Xastre, en Agolada, que labraban a fermosa arquitectura das fontes e feiras de Galicia, ao tempo que recupera a fala dos arxinas de Cerdedo e dos mestres da pedra de máis sona das terras de Montes; dá conta dos labores e da fala dos cesteiros ou bogardes de Mondariz e dos cereiros ou borreiros (xeralmente tamén capadores) de Forcarei. O traballo dos encadernadores de Viveiro, dos ferradores de Penaporrín e dos aceiteiros de Quiroga son igualmente reconstruídos a partir dunha memoria viva aínda conservada polos artesáns destes vellos oficios de noso. Particular importancia ten no volume a recuperación das carreiras do cordel, a actividade artesanal de confección de cabos e cordas, empregados en oficios agrarios e mariñeiros, que se desenvolve na parroquia de Meira do concello de Moaña. O volume inclúe un completo apartado fotográfico e un apéndice onde se recollen a fala ou xerga dos arxinas de Pontevedra e o dos cesteiros de Mondariz.


ISBN:

9788499148021

Antípodas

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 248
Formato: Rústica
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Plinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estragos, acompañado por Luneda –o seu can–, relata as circunstancias do seu mundo, a vida na cidade do mar, cando os abismos semellan ser historia. Medra o silencio e Plinio vive na memoria e nas palabras do seu tempo: 2014. No desamparo renacen para sempre as resistencias, que o protagonista prende e abrasa nunha noite máxica. Todo é axiña: vai na devoración. O lume e a brasa dos monólogos. O realismo, desbordado no tránsito, xa non existe senón canda o solpor. E velaí van de balde e de bussines no avión transoceánico da fuxida as parrafadas de Banká e de Kapito, as alimarias, nunha viaxe a bordo que o soño nunca acorda. Desce o boeing cabo de moi lonxe e a noite troca en sol de ausencias.


ISBN:

9788440305251

Asubío, Fina e Petra, xente moi lareta

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 84
Formato: Rústica
Precio: 8,00
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

O merlo Asubío e as mazás Fina e Petra viven nunha horta da cidade de Megasoños. A horta é un lugar fermoso onde a Natureza loce as súas mellores cores, que o aire se encarga de repartir entre as árbores, os froitos e os paxaros.
O dono da horta, levado polas ansias de poder e polo desexo de enriquecerse, acaba coa vida da horta e, con ela, coa alegría da propia.


DE IDA E VOLTA

Precio: 9,00
antiguoAñadir a la cesta
Disponible. Envío inmediato.

59 pp. 16x11,5. Col. O Moucho, núm. 44. Edicións Castrelos. Vigo, MCMLXXV.



<<<anteriores  [11-16]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal